lunes, 22 de febrero de 2016

Unha nena chamada Rosalía

Rosalía de Castro, a dama das Letras Galegas, a muller que falou e escribiu en galego cando a nosa lingua era considerada a lingua dos "pobres e iñorantes", foi unha nena coma todos vós. Soñaba con ser pirata, fada ou india; gozaba agatuñando ás polas das figueiras; escribía versos chamando pola alborada porque tiña medo da escuridade e soñaba con cambiar o mundo e axudar á xente pobre e desfavorecida.
A través da voz de Uxía podemos coñecer a esa Rosalía Pequeniña; coñecer os seus soños, as súas esperanzas e ilusións , os seus medos e a súa maneira de enfrentarse a eles a través da palabra escrita na lingua da súa aldea, da súa xente, da súa terra.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós.


 'Rosalía pequeniña' é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.
Se queredes coñecer a esta nena, clicade na imaxe para acceder a un Lim sobre a súa vida e obra.

http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/rosal_ia_de_castro.html


domingo, 29 de noviembre de 2015

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego foi, precisamente, o primeiro libro en galego que lin na miña vida alá polos anos setenta cando o galego comezaba a ser unha asignatura obligatoria nas escolas. Tivémolo que traducir do galego ao castelán  e, a pesares do tedioso da tarefa pois moitas noites pasei ao carón dun diccionario, conseguiu engaiolarme a alma e , cada vez que escoito o seu título, éncheseme o corazón dunha tenrura infinita. Aquí vai a nosa homenaxe a Xosé Neiras Vilas da man deste lim creado polo colexio de Frián-Teis.Espero que gocedes del tanto como o fixen eu.
http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html

miércoles, 28 de octubre de 2015

Día da Biblioteca

O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997.
Este ano, a través das Mochilas Viaxeiras, a nosa mascota Biblo quere que nos mergullemos nunha viaxe fantástica a través da maxia que se atopa agochada nos andeis da nosa biblioteca.
.....Estades preparados?

Pero temos que ser sinceros..... non puidemos agardar a este día para abrir a nosa biblioteca .....Xa dende comezos deste mes, as súas portas están abertas nos recreos das mañás e da hora de comer para  todos os nenos do centro´.Este ano contamos con novos encargados de biblioteca de 6º e 5º de Primaria que fan as delicias dos máis pequenos coas súas improvisadas sesións de contacontos.

Pero….Estade atentos porque Biblo tennos unha sorpresa para a semana que ven………..