lunes, 28 de febrero de 2011

POR FIN!!!

Por fin, despois de varios meses, máis dos que esperábamos, a biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei puido abrir as súa portas, e como non podía ser doutro xeito, empezou tirando a casa pola ventá. Hoxe, luns 28, Biblo, a nosa mascota, recibiunos na biblioteca cunha gran festa, aperitivos no recreo, agasallos para todos (un marcapáxinas, un libro e un material de animación á lectura) e una sesión de Contacontos ofertada polo Consorcio Editorial.

Esta nova biblioteca nace grazas a Consellería de Educación, xa que este curso admitíronnos no Plan Mellora de Bibliotecas Escolares, dándonos una cantía para facer melloras na mesma. Pero non só grazas a esta institución, senón que contamos coa colaboración do Concello de Forcarei, e en concreto co Obradoiro de Emprego, e de varias editoriais como Santillana e Anaya, e tamén La Voz de Galicia, que nos permitiron poder darlle a cada cativo un libro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario