viernes, 25 de enero de 2013

METACIOS


Moitos de vós pensaredes, pero que significa iso? A que se están a referir con esa palabra?. Pois ben, ata esta mañá creo que case ninguén do cole coñecía este novo vocablo.

"A palabra Metacios designaba aos habitantes de Terrra de Montes na época en que Galicia estaba dominada polos Suevos. Polo que, podemos considerar que os nosos devanceiros históricos máis antigos ou polo menos coñecidos serían os metacios ( de meta =monte)"

Francisco Rozados "Rochi"

Con estas palabras e de forma moi pausada, Francisco Rozados "Rochi" presentounos unha nova canle de divulgación da cultura de Terra de Montes: unha revista de publicación anual chamada METACIOS coa cal se pretende poñer en valor o patrimonio da nosa zona. 

O noso alumnado, grazas ao equipo de dinamización da lingua galega, tivo a gran honra de poder contar coa sua presenza e coas súas palabras, e pola contra, o coordinador da revista agasallounos cun número  de Metacios, asinando o exemplar aos cativos que o desexasen, que podemos dicir foron case todos

Na biblioteca tamén  nos deixou e dedicou un exemplar para ollar e aprender.


1 comentario:

  1. Da gusto que haxa xente coma esta namorada da súa terra e da súa lingua.

    ResponderEliminar