sábado, 26 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE LIX NA ACADEMIA




RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!


(Vía http://redelectura.blogspot.com.es)

2 comentarios:

  1. Parabéns para a merecedora nova académica numeraria da RAG.

    ResponderEliminar
  2. Sen lugar a dúbidas ben mercido este recoñecemento. Unha mestra muller na RAG, iso si que son adiantos.

    ResponderEliminar