sábado, 23 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO 2013

 ( Vía Biblio Xoán Farias. Grazas Rosana)

Mañá, 24 de Febreiro recordamos o nacemento duha das grandes poetisas galegas: Rosalía de Castro. Tocoulle vivir nun momento ben complicado, onde escribir en galego non era doado, xa que quedara reducido a un mero dialecto despreciado pola meirande maioría. 

A súa obra estivo marcada polas diferentes circunstancias sociais que lle tocou vivir: a súa orixe, problemas económicos, a perda dos seus fillos... Pero isto non lle impediu que en 1863 publicara o seu primeiro grande libro: Cantares Gallegos (primeiro libro escrito en galego nunha época onde o galego non se usaba na escrita). Se botades conta, este libro cumpre 150 anos, case nada!.

Rosalía de Castro foi unha das grandes, tanto é así que moitos dos seus poemas traducíronse a idiomas como o ruso, xaponés, chino.... entre outros. Tamén foron musicados polo cantautor Amancio Prada, o grupo Fuxan os Ventos, a cantante Luz Casal ... entre outros. Grazas a todos eles hoxe podemos gozar da súa escoita a través da rede. Aquí vos deixamos algúns deles. 

 
(Adiós Ríos, Adiós Fontes, Cantares Gallegos)


 (Un repoludo Gaiteiro, Cantares Gallegos)

(Iste vaise, aquel vaise, Follas Novas)

(Negra Sombra, Follas Novas)


Dende a biblioteca quixemos recoller varias publicacións axeitadas para o noso alumnado arredor desta poetisa. Algúns títulos recollen os seus poemas e outros aspectos biográficos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario