lunes, 25 de febrero de 2013

SEMANA DE ROSALÍA


Calquera aniversario que se precie leva consigo unha boa festa, pois iso foi o que quixemos facer dende o CEIP Nosa Señora das Dores. 
Con Rosalía queremos compartir esta semana e agasallarnos, tanto no sentido físico, como no sentido auditivo cos seus fermosos poemas. 
Os axudantes da biblioteca, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria, serán os encargados de honrar a memoria desta poetisa recitando durante os recreos desta semana varios poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

1 comentario:

  1. Foi unha semana moi bonita e rosaliana.A elo contribuiron os axudantes da biblioteca.
    Moitas grazas,rapaces , por achegarnos a Rosalía.

    ResponderEliminar