sábado, 18 de enero de 2014

Mochilas Viaxeiras 2014



As nosas Mochilas Viaxeiras volven para percorrer os fogares dos nosos cativos un ano máis.

Esta semana as novas mochilas xa estaban preparadas agardando iniciar o seu viaxe. Este ano van cargadiñas de libros de poesía e narrativa en varios idiomas, pelis, libros e DVDs de consulta, CDs de música, revistas,cómics ... e, por suposto, os Cadernos Bitácora onde as familias podedes expresar as vosas opinións, inquedanzas,recomendacións lectoras, valorar a vosa experiencia con esta actividade... e todo aquelo que vos pareza relevante.







Agardamos as vosas aportacións que serán publicadas no noso blogue para que poidades disfrutar cos traballos dos demais. Ánimo e moitas gracias pola vosa colaboración!



No hay comentarios:

Publicar un comentario