sábado, 1 de febrero de 2014

Abecedario da Paz

Gloria Fuertes ensinounos que só necesitamos tres letras para formar a palabra PAZ.

 

Pero…. Cantas palabras son necesarias para construir a PAZ? 

 

Con este obxetivo,  o Equipo de Biblioteca e o de Normalización decidimos elaborar o noso ABECEDARIO INTERNACIONAL DA PAZ con todas aquelas palabras (en galego, castelán, inglés,....) que criamos necesarias para que a PAZ poida reinar no noso planeta, no noso país, na nosa cidade, no noso cole, nas nosas casas e nos nosos corazóns.

Tanto no salón de actos do centro coma na biblioteca, deixamos unhas siluetas de pombas para que o que quixera puidera escribir a súa palabra. Outros decidiron debuxar a contorna da man en vez da pomba. Os recreos desta semana pasaron voando pois rápidamente todos nos puxemos mans a obra. E incluso os máis cativos, axudados polos maiores, escribiron a súa palabra ou deixáronnos fermosos debuxos.




 

 

E como nos recordaron a profe Patricia e os seus rapaces, non esquezades que...



fin

No hay comentarios:

Publicar un comentario