martes, 4 de febrero de 2014

Poemas pola Paz

Onte os alumnos de 6º, da man da profe Puri e do profe Julio, inauguraron o ciclo de lecturas sobre a Paz cunha escolma de poemas. Algúns foron de creación propia como o de Nadia titulado "La Paz es algo más que una fiesta"; o de Zaida (" La Paz y el Amor") no que nos recordou a falta de comunicación no mundo ou o que leu Katia titulado "La amistad" escrito entre todos os compañeiros de clase. Outros, como o de Raúl ou Adriana, foron extraídos dalgún libro de poemas. Finalmente, Sergio leu unha adaptación dun texto de San Pablo e Uxía recitou un poema feito pola súa compañeira Adriana titulado "Mi querido amor".En todos resáltase o valor da amistade, da convivencia pacífica e do amor. 

A mensaxe que nos quixeron transmitir é moi clara: "Hai que vivir a Paz no noso interior, todos os días máis alá das celebracións"

No hay comentarios:

Publicar un comentario