viernes, 14 de marzo de 2014

Sesión de contacontos

Gustounos tanto a recomendación de Sofía que, algunhas encargadas da biblioteca, prepararon unha sesión de contacontos para os alumnos de infantil. Esta pequena bruxiña ten un gato negro pero, como a ela lle gustan moito as cores, decide cambiarlle a cor da súa pelaxe. As rapazas de 6º ensináronnos algunhas das pocións máxicas que a bruxa fai para fabricar cores novas que empregamos para cambiarlle a cor ao seu michiño. Pasámolo estupendamente! Sobre todo pintando no chan!

No hay comentarios:

Publicar un comentario