martes, 25 de marzo de 2014

Un século con "Platero y yo"


Este ano celébrase o centenario da publicación do libro de Juan Ramón Jiménez "Platero y yo". Ainda que se dixo moitas veces que fora un libro escrito para nenos, non é certo. O que si é verdade é que un libro escollido polos rapaces para formar parte do mundo da literatura infantil. E nós, dende a nosa biblioteca, non queremos esquecernos del. Por iso, buscando por internet atopamos unha morea de recursos para traballlar disfrutando da súa lectura.




Se queredes comezar a ler "Platero y yo" a mestra Mª de los Santos Pliego Marcado elaborou un comic moi divertido desta obra.


http://issuu.com/marisantospliegomercado/docs/platero_y_yo.pptx#embed




Atoparedes este libro na biblioteca
Se despois de ler este comic ficáchedes con ganas de máis, o noso amigo Biblo recoméndanos unha adaptación para nenos da obra de Juan Ramón Jiménes realizada por Rosa Navarro Durán e con ilustracións de Francesc Rovira(Ed. Edebé) que non poderedes deixar de ler. Ademais nos recomenda este caderno de actividades para 3º de Primaria realizado polo CEIP ISABEL ESQUIVEL MAIRENA DEL ALCOR.

Publish at Calameo or read more publications.


Para os máis maiores atopamos esta webquest realizada por Ana Hermoso y Fernando García-CEIP San Walabonso de Niebla(Huelva) que nos achega a vida e obra de Juan Ramón Jiménez. Sabiades que recibira o Premio Nobel de Literatura? Esto e moitas cousas máis poderedes averiguar se vos atrevedes a facela.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/wq_jrj/introduccion.htm




No hay comentarios:

Publicar un comentario