jueves, 19 de junio de 2014

Unha visita moi especial








A pesar de que estes últimos días de clase estamos máis que ocupados entre exames, reunións, ordear as aulas e os preparativos para as festas de fin de curso, ainda tivemos tempo para unha visita moi especial preparada polo profe Julio. Este luns recibimos a visita de tres membros moi especias dunha protectora de animais de Cambados que se encargaron de concienciarnos da importancia de coidar e protexer as nosas mascotas. Trouxeron a tres cans incribles da protectora tan intelixentes que incluso un deles sabía sumar, restar e multiplicar e que ademais, podía contestar a preguntas un tanto comprometidas sobre nós. A verdade é que Anne fixo as delicias de grandes e pequenos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario