domingo, 30 de noviembre de 2014

Orejas de mariposa

Nesta ocasión, incorporamos a esta sección do noso blogue un conto escrito por Luisa Aguilar e ilustrado por André Neves (Ed. Kalandraka) que trata sobre a aceptación de si mesmo e sobre as burlas dos demais ante quen é diferente.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou repoludo... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso é necesario un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que ese tipo de comportamentos son reprobables. E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convertan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza nos fai fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rirse dun mesmo... A súa lectura está recomendada a partir de 6 anos.

O seu protagonista é Mara, unha nena distinta aos demais e cunha autoestima a proba de bomba, que sabe afrontar con imaxinación e optimismo as burlas dos outros nenos polas súas características físicas, a súa forma de vestir ou a súa pobreza.Queres coñecela?

No hay comentarios:

Publicar un comentario