sábado, 31 de enero de 2015

El pez Arcoiris

Co gallo da celebración do Día da Paz un grupo de colaboradores da nosa biblioteca quixeron aportar o seu grao de area e escolleron o conto El Pez Arcoiris , un fermoso conto que nos ensina a importancia de saber compartir. Adicaron máis de dúas semanas a ensaiar e confeccionar os monicreques que acompañaron a súa intervención, que foi acollida cunha gran espectación por parte dos máis pequenos.

Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil cores. Pero a pesar da súa beleza séntese moi só. Por que os demais peixes non queren xogar con el?


 

E, como os nosos colaboradores aconsellaron ós seus compañeiros, "para ser feliz hai que compartir", acercámonos a gardaría para compartir este conto cos máis pequenos do noso concello. Que ben o pasamos! Sobre todo, decorando un "PEZ ARCOIRIS" que debuxamos especialmente para eles. De seguro que voltaremos con outro conto.......







2 comentarios:

  1. Dende a Escola Infantil moitas grazas á Teacher María e aos nenos/as que compartistes esta actividade con nós. Agardamos poder repetila noutra ocasión!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Nós encantados. Xa andamos buscando outro conto.......

      Eliminar